A USC abre o prazo para solicitar aloxamento nas súas residencias
A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo para solicitar aloxamento nas súas residencias para o próximo curso. A oferta mantense igual que o curso pasado, con 910 prazas dispoñibles, e continúa o mesmo sistema de prezos, establecido en función da renda persoal dispoñible segundo as condicións que determina a convocatoria.