Estas xornadas comerciais extraordinarias teñen por obxectivo estimular as vendas da colección do verán e fidelizar aos clientes, así como atraer ao CCA a novos consumidores.
Durante a campaña, os comercios participantes ofrecerán diversas vantaxes coas súas mercas: vales desconto agasallo para unha 2ª compra, participacións en diversos sorteos (vales de compra/lotes de produtos) e/ou promocións especiais da “SEMANA BRANCA” con significativos descontos directos. Ademáis, para fidelizar aos clientes do CCA Arzúa, AECA celebrará o gran sorteo dunha escapada á Ribeira Sacra cunha estancia para 2 persoas nun hotel balneario****, entre tódalas mercas efectuadas por calquera persoa maior de idade durante a campaña e por importe superior a 25€. As bases da actividade, así como as ofertas de cada tenda poderán ser consultadas polos consumidores no blog da páxina web da AECA: www.aecomarcadearzua.com a partires do 1 de xuño.
As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, superan a vintena: Arroupadiños, Asian, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda Arzúa, Comercial Alfonso Souto, Deportes López, Europa Asia, Estrenas Zapatería & Complementos, Lage Moda, Librería Os Picariños, M&D Lencería e Fogar, Mi Tata, MíaMaría, Miss Zapatos, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal, Sport Moda, Su & Su Salón de Beleza e Vadi Moda.