A asociación compostelá ASPAS, campioa nacional de fútbol sala de nivel 2
O equipo de fútbol sala da Asociación ASPAS de Santiago de Compostela proclamouse campión de España de Nivel 2 no Campionato Nacional de Fútbol Sala, celebrado esta fin de semana en Ourense e organizado por Special Olympics Galicia.
