ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

A humanización do Milladoiro bota a andar cos traballos de topografía e análise de planos

O alcalde de Ames, Blas García, mantivo esta mañá unha xuntanza na Casa da Cultura do Milladoiro coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para abordar a humanización da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. En dito encontro tamén participaron o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e mailo concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández. Ese proxecto foi adxudicado, no pasado mes de abril, por 4,4 millóns de euros á Unión Temporal de Empresas de Extraco e Prace, Servizos e Obras. Aínda que non se deu unha data concreta, está previsto que as obras comecen este ano. Xa se están realizando traballos de topografía e analizando a correspondencia entre os planos do proxecto e a situación actual da zona.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de junio de 2024 a las 14:37

Compartir

A obra financiada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, é unha actuación moi importante cuxo importe ascende a 4,4 millóns de euros (IVE incluído) que vai a dotar dun carácter urbano un tramo de 1,52 quilómetros da estrada N-550, ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. É unha aposta por unha mobilidade máis sostible, para atenuar o tráfico e adaptar a infraestrutura aos usuarios vulnerables, mellorando a mobilidade, a seguridade e a sustentabilidade.

Na xuntanza mantida esta mañá o alcalde e maila subdelegada do Goberno na Coruña estiveron acompañados pola Directora da Area de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairós; o Xefe da Demarcación de Estradas do Estado, Angel González del Rio; o Xefe da Área de Conservación de Estradas da Coruña, Francisco Prego; e Ignacio Ardá como Enxeñeiro da Dirección Xeral de Estradas e director da obra.

A subdelegada e o alcalde, Blas García, quixeron sinalar a importancia que ten unha obra de estas características para O Milladoiro, “trátase dunha travesía urbana que debe modernizarse de tal xeito que gañemos espazo para os peóns, para a configuración de zonas verdes e para o desprazamento en bicicleta”.

Traballos de topografía e análise de planos

O alcalde, Blas García, explicou que «xa estamos traballando para acometer a humanización no Milladoiro; non traballos con maquinaría, senón de topografía e analizando a correspondencia entre os planos do proxecto e a situación actual da zona. Esta é una obra moi importante para Ames e, sobre todo, para os veciños do Milladoiro, porque vai cambiar o núcleo tal e como o coñecemos. Por esta avenida circulan unha media de 20.000 vehículos diarios, que teñen un impacto acústico e medioambiental moi importante na veciñanza».

Ademais, engadiu “para a Corporación é unha satisfacción que este proxecto se faga realidade, porque levamos moito tempo loitando xunto con outros grupos políticos e asociacións veciñais para impulsalo. Agardamos comezar as obras ao longo deste ano, sen dar aínda un prazo concreto. Van ser unhas obras problemáticas, complicadas, pero a nosa intención é a coordinación entre as administracións implicadas para que os veciños teñan toda a información posible e que lles ocasione os mínimos trastornos posibles».

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, indicou que “o obxecto principal da actuación centrarase en diminuír e calmar o tráfico, adaptando e renovando esta  infraestrutura para mellorar a mobilidade activa e facela máis segura e sostible, en consonancia coa axenda verde que se promove dende o Goberno”.

Tamén destacou que «unha das liñas prioritarias do Ministerio de Transportes este ano ten que ver con proxectos como este do Milladoiro, unhas obras de humanización que estamos levando a cabo en distintas partes do país, e que responden á nosa aposta por contornas máis amables, nos que prime unha mobilidade sostible e que ademais contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Este é un proxecto de 4,4 millóns de euros, que queremos acometer da man do Concello. Este é o espírito que nos trae hoxe aquí, o da colaboración para manter unha comunicación e coordinación continua en canto a prazos, actuacións… Xa estamos a acometer os primeiros traballos previos, imprescindibles para o éxito do proxecto».

Creación dunha contorna urbana máis sostible

Así desenvolveranse unha actuación de humanización que propicien unha redución da velocidade de circulación na travesía; reordenando e optimizando o espazo público e delimitando o uso de cada unha das zonas. Una das actuacións máis importantes será a redución dun carril de circulación ao tráfico rodado por cada un dos sentidos cunha anchura de 3,5 metros; así como a construción dunha mediana axardinada de 3,3 metros de ancho entre as rúas do Rego e das Cartas, e de 2 metros de anchura no resto da travesía.

Crearase unha contorna urbana máis sostible, inclusivo e accesible coa construción dun carril bici de dobre sentido de circulación, en liña coa Estratexia Estatal polo uso da Bicicleta. Ampliaranse as beirarrúas, previa demolición das actuais, para permitir unha recuperación do espazo para o peón, incrementando así as zonas para viandantes, carga e descarga e aparcamento reservado.

A obra completase coa remodelación de varias interseccións, a reordenación dos cruces e accesos, a instalación de pasos de peóns e novos semáforos, a demolición da pasarela peonil, así como a zonas de estancia para viandantes, zonas de carga e descarga, renovación do alumeado, mellora das paradas de autobús e a creación de zonas de arborado

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta intervención finánciase con cargo ao programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns do fondo NextGenerationEU.

Etiquetas

ameshumanizacionmilladoiroradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego