ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

A II Festa do Pan e do Cereal celebrarase o 11 de maio en Bugallido

O Campo da Festa da Bugallido acollerá este sábado, 11 de maio, a II Feira do Pan e do Cereal, coa que se quere poñer en valor un produto esencial na gastronomía, na tradición e na cultura galegas

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de mayo de 2024 a las 20:17

Compartir

A través de exposicións, charlas, obradoiros e degustacións, a Feira busca ser un referente dentro do seu sector

A técnica de Medio Ambiente e coordinadora da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, explicou que “este ano intentamos mellorar algúns aspectos con respecto á edición anterior, como unha maior oferta de obradoiros ou unha única mesa redonda”

O concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinalou que esta segunda edición da feira “demostra que seguimos traballando para poñer en valor este produto tan noso, con tanta tradición no concello de Ames”

Ames, 7 de maio de 2024.– O Campo da Festa da Bugallido acollerá este sábado, 11 de maio, a II Feira do Pan e do Cereal, coa que se quere poñer en valor un produto esencial na gastronomía, na tradición e na cultura galegas. Esta feira busca animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada; cultivos que noutros momentos quedaron relegados e que agora teñen unha grande oportunidade de triunfar da man da recuperación e valoración do pan tradicional.  O evento, que busca ser un referente dentro do seu sector, foi presentado esta mañá na Casa do Concello.

Esta mañá tivo lugar no Salón de Plenos a presentación da segunda edición da Feira do Pan e do Cereal, un evento que terá lugar este sábado, 11 de maio, no Campo da Festa de Bugallido. Ao acto acudiron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo; e a técnica de Medio Ambiente e coordinadora da Aula da Natureza, Patricia Reboreda.

A través de exposicións, charlas, obradoiros e degustacións, a Feira busca ser un referente dentro do seu sector, difundindo a longa tradición panadeira e a gran variedade de pans vencellada á diversidade das paisaxes e dos ingredientes, subliñando a importancia deste produto recoñecido como Indicación Xeográfica Protexida (IGP).

Abriu a quenda de intervencións a técnica de Medio Ambiente e coordinadora da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, que explicou que “este ano intentamos mellorar algúns aspectos con respecto á edición anterior, como unha maior oferta de obradoiros ou unha única mesa redonda”. Ademais, tamén sinalou que un dos obxectivos era “centrarnos nas panaderías do concello e a contorna, poñendo o foco no produto local e de proximidade”.

Pola súa banda, o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinalou que esta segunda edición da feira “demostra que seguimos traballando para poñer en valor este produto tan noso, con tanta tradición no concello de Ames”. Así mesmo, agradeceu a colaboración e implicación das panaderías e establecementos participantes “que nesta feira buscan poñer en valor a calidade dos seus produtos”.

O alcalde de Ames, Blas García, pechou o acto animando á veciñanza a achegarse ata Bugallido para desfrutar desta feira “na que se poñen en valor tanto os produtos como os bos profesionais que temos no concello”. Rematou a súa intervención sinalando que desde a Corporación quéreselle dar continuidade a este evento: “A intención é continuar con ela, para conservar a tradición panadeira do concello e promocionar a calidade do pan que se elabora aquí”.

Programación

A II Feira do Pan e do Cereal inclúe un amplo programa que se inaugura ás 11:00 horas coa apertura da feira. O programa prosegue ás 11:30 horas, coa mesa redonda “Pan e Alimentación” no Centro Cultural A Maía, na que participarán varios panadeiros.

As actividades deste evento, que forma parte da programación da Aula da Natureza, continúan ás 13:00 cun obradoiro de elaboración de empanadas e empanadillas a cargo da panadería Chus Sande Obradoiro Artesanal. Posteriormente, ás 13:30 horas, dará comezo a sesión vermú cun grupo itinerante no Campo Central de Bugallido.

Ás 16:30 horas comezarán as actividades da tarde cunha GymPANa para público infantil, que partirá da praza central de Bugallido. Nela a rapazada terá que reunir, a través de distintas probas, os ingredientes necesarios para elaborar pan. A esa mesma hora o Forno da Barcia e a Panadería Xallas impartirán un obradoiro de masas doces e salgadas.

Seguidamente, ás 18:00 horas, El Rincón Siciliano ofrecerá un obradoiro para aprender a elaborar pastas e masas de pizza artesanais.

O programa desta segunda edición da Feira do Pan e do Cereal pecharase coa actuación de Alana Trío no miradoiro do campo de Bugallido, ás 19:00 horas.

As charlas e os obradoiros son de balde e con entrada libre ata completar aforo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Paralelamente a esta programación, durante toda a xornada haberá unha exposición de cereal no Local Social da Agraria a cargo de Villa Regina, así como expositores de degustación e venta de produtos de diversos establecementos do concello. Os establecementos participantes son Chus Sande Obradoiro Artesanal, Panadería Bastavales, Pan de Leis, Forno da Barcia, Pastelería e Bombonería Miguel Ángel, Pan da Moa, Muíño de Cuíña e Panadería La Salud.

Etiquetas

amesbugallidofesta do pan de cerealradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego