ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia LíderPolíticaSociedad

VIDEO | Máis de 30.000 persoas arrodean a Xunta ao berro de ¡Altri non!

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de junio de 2024 a las 19:34

Compartir
  • O BNG propón destinar os 250 M€ que o PP quere dar a Altri a un Plan Ulloa-Ulla-Arousa que revitalice estas comarcas
  • Olalla Rodil exíxelle á Xunta do Partido Popular que non impoña a construción dunha fábrica de celulosa na Ulloa que sería unha auténtica bomba ambiental
  • Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2024. O Bloque Nacionalista Galego vén de participar na multitudinaria mobilización que arrodeou a Xunta de Galiza con máis de 30.000 persoas en contra da macrocelulosa ALTRI convocada por “Plataforma Ulloa Viva” e a “Plataforma En Defensa da Ría de Arousa”. Como xa se viu na manifestación de Palas de Rei, hai unha maioría social que rexeita a instalación deste proxecto polo enorme prexuízo que tería para o río Ulla, para a ría de Arousa e para o conxunto do País.

    A viceportavoz primeira do BNG, Olalla Rodil, salientou que “desde o BNG pedímoslle ao Goberno do Partido Popular na Xunta que non impoña a construción dunha fábrica de celulosa na Ulloa que sería unha auténtica bomba ambiental no corazón de Galiza”.

O proxecto industrial que Altri quere desenvolver en Palas de Rei, suporía un golpe mortal para unha comarca viva na que se asenta un sector agrogandeiro vizoso e produtivo, “lembremos que a Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa representa a segunda de maior produción de todo o Estado español” subliñou Rodil.

Ademais, suporía un enorme prexuízo ambiental para un dos bens máis preciados que temos como é a auga, tanto no río Ulla como para na ría da Arousa. Olalla Rodil apuntou que “a Arousa produce o 70% do mexillón de Galiza e viven deste ecosistema único máis de 4 mil familias”.

A fábrica de Altri representa o modelo económico máis nocivo para este País. “Un modelo depredador e colonial” salientou Rodil. “Queren instalar no noso País unha fábrica contaminante que non queren en Portugal e que non pecha ningún ciclo produtivo en Galiza”. O BNG xa denunciou que o interese de Altri é producir 400 mil toneladas de celulosa para exportar deixando en Galiza un dano irreparable.

A viceportavoz nacionalista salientou que o Partido Popular quere que todas e todos nós paguemos con cartos públicos a destrucción deste país, 250 M€ que o PP quere conceder a Altri “para contaminar Galiza”.

“No BNG non o imos permitir, por iso estamos hoxe aquí, e seguimos defendendo que ese diñeiro público se invista no beneficio non dunha empresa portuguesa senón en beneficio de Galiza e das galegas e galegos”.

Neste sentido, o BNG segue a defender que os 250 M€ públicos que o PP quere darlle a Altri se invistan un plan dirixido a “rexenerar o río Ulla e a ría de Arousa”, así como “pechar ciclos produtivos que xeren valor engadido e riqueza aquí a través dun monte multifuncional e de proxectos de transformación agrogandeiros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Pedímoslle ao Partido Popular que deixe de porlle a alfombra vermella a esta empresa que quere instalar no corazón de Galiza unha auténtica bomba ambiental e que, por unha vez, se poña do lado dos galegos e das galegas” concluíu Rodil.

Etiquetas

altrialtri nonprotestaradio lider santiagosantiagxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha