ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaEducaciónSaludSociedad

VIDEO | A cifra de casos do gromo de gastroenterite en Ames aumenta a 122

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de mayo de 2024 a las 20:07

Compartir
  • Os resultados definitivos da análise das probas testemuña e dos coprocultivos estarán dispoñibles ao longo desta semana
  • Tanto o Concello de Ames como a Consellería de Sanidade piden que o alumnado, profesorado e persoal dos centros educativos que presente algún síntoma de indisposición non acuda ao centro
  • O alcalde, Blas García, agradece a implicación da Consellería de Sanidade que se puxo á disposición Concello de Ames “dende o primeiro momento”
  • O rexedor manifestou estar orgulloso do “persoal, da súa profesionalidade e do servizo de calidade que prestamos”

García asegura en Radio Líder Santiago que a cifra de casos confirmados oficialmente é 122. «Agora estanse producindo contanxios de nenos a familiares»

Ames, 20 de maio de 2024.- O Concello de Ames mantén o normal funcionamento dos servizos de conciliación baixo supervisión da Consellería de Sanidade. Así se acordou na reunión que tivo lugar o día de hoxe ás 11.00 da mañá. Esta aconteceu despois da revisión dos protocolos de actuación nas instalacións nas que se presta o servizo de conciliación (comedores do CEIP Agro do Muíño e CEP Ventín e cociñas do CEIP Agro do Muíño).

Nesta xuntanza participou por parte do Concello de Ames o alcalde, Blas García, a concelleira de Educación, Carmen Porto, a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, servizos técnicos municipais e as coordinaras do servizo de conciliación do CEP Ventín e do CEIP Agro do Muiño. Por parte da Consellería de Sanidade acudiron o xefe de servizo de Seguridade Alimentaria e a subdirectora de Sanidade Ambiental, que incidiron na necesidade de extremar as medidas de hixiene, tanto nas instalacións do centro como nos domicilios particulares. Por outra banda anunciaron que os análises realizadas aos coprocultivos e ás probas testemuña dos alimentos servidos na pasada semana estarán dispoñibles nos vindeiros días.

O alcalde, Blas García, agradeceu a implicación da Consellería de Sanidade, especialmente do conselleiro, que se puxo á disposición Concello de Ames “dende o primeiro momento”. Por outra banda o rexedor tamén destacou a importancia dos protocolos existentes nos comedores de Ames e a profesionalidade dos traballadores e traballadoras dos comedores, que fan posible prestar un servizo de calidade a 1.500 usuarios e usuarias: “Estamos moi orgullosos do noso persoal, da súa profesionalidade e do servizo que prestamos”.

García non quixo rematar sen agradecerlle a súa colaboración ás ANPAs, direccións dos centros e a toda a comunidade educativa xeral, cos que dende o Concello se mantivo en permanente contacto para informalos no menor tempo posible de todo o que estaba a acontecer. “A nosa prioridade foi a de comunicar no menor espazo de tempo posible e da forma máis transparente calquera novidade sobre o desenrolo deste gromo”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

ameseducaciongastroenteritegromoradio lider santiagosanidade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego