Verea insistiu que “nesta ocasión, non estamos falando de manifestantes, estamos a falar de presuntos delincuentes que asaltaron uns establecementos e temos aos responsables do goberno do BNG e á alcaldesa poñéndose do lado deles e non dos propietarios e dos veciños desta cidade que, lexitimamente, tiñan aberto un negocio nese momento”.
“Respectamos, por suposto, o dereito de manifestación, as ideas que poden ir atrás dunha protesta poden gustar máis ou menos, pero son lexítimas, o que non respectamos son presuntos delincuentes que asaltan negocios; e que pola información que saíu nos medios de comunicación, creo que acordoaron ou o intentaron a comisaría de Santiago.
O líder popular remarcou que espera que goberno desta cidade “se poña do lado dos propietarios e dos negocios e non do lado, presuntamente insisto, de alborotadores agresivos que asaltaron negocios, eses non son manifestantes, creo que o hai que deixar moi claro, todo respecto, aos manifestantes, ás ideas que poida haber detrás dunhas reclamacións, pero non duns presuntos asaltantes e que deixan axentes da autoridade con lesións”.
Finalmente, Verea concluíu remarcando que en Santiago se producen “decenas e decenas de concentracións e nunca pasa nada, se pasou algo agora, como digo, ten toda a pinta pola información que temos, que xa non eran persoas nunha reivindicación lexítima, senón xente que estaba asaltando negocios”.