ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Silleda acolle a rodaxe da serie sobre a vida de Castelao «Antes de Nós»

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de septiembre de 2024 a las 20:35

Compartir
  • O proxecto audiovisual está a rodar varias escenas nas parroquias de Escuadro e de Vilar

Silleda. 26-09-2024.- O Concello de Silleda está a ser un dos escenarios destacados da rodaxe da serie «Antes de Nós», un proxecto audiovisual que aborda a vida de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Esta produción, dirixida por Ángeles Huerta e coa participación de recoñecidos actores e actrices como Xoán Fórneas no papel de Castelao, está a desenvolver varias escenas no municipio, especificamente nas parroquias de Escuadro e Vilar.

A rodaxe da serie comezou o pasado 2 de setembro, impulsada pola produtora Zenit TV e Retrincos A.I.E., coa colaboración de Televisión de Galicia e o apoio da Xunta de Galicia. Entre as diferentes localizacións galegas escollidas polo equipo de produción seleccionouse Silleda para reproducir os escenarios nos que viviu o protagonista. Tamén participan Rianxo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Muros ou Fisterra. Esta produción destaca pola calidade do seu equipo técnico e artístico, contando con profesionais de renome como Zaza Ceballos na produción executiva, Pepe Coira como guionista, e Lucía C. Pan na dirección de fotografía.

«Antes de Nós» é un drama histórico que non se limita a unha biografía convencional, senón que busca profundar nas emocións e vivencias de Castelao, cunha especial atención a dous episodios cruciais da súa vida: o seu traballo como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918, e a súa viaxe a Bretaña en 1929, logo da perda do seu fillo Chuchiño. A serie tamén explora a relación persoal entre Castelao e a súa muller, Virxinia Pereira, interpretada por Cris Iglesias.

O Concello de Silleda amósase orgulloso de participar nun proxecto que pon en valor a figura de Castelao e a historia de Galicia, e que, ademais, supón un importante impacto cultural e económico para o municipio. Así mesmo, agradece a colaboración das asociacións de mulleres de Escuadro e a Asociación de Veciños Vilar de Trasdeza nas tarefas relacionadas ca rodaxe.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A estrea de «Antes de Nós» está prevista para o ano 2025, tanto en salas de cine como na grella de Televisión de Galicia.

Etiquetas

antes de noscastelaoradio lider santiagorodaxesilleda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio
Actualidad

Cuenta atrás para la 48ª Abanca Semana Verde, que desplegará una gran propuesta expositiva y de ocio

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol