ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesDeputación da Coruña

Santiago acolle o 6 de abril a carreira “Os 10.000 peregrinos” da Deputación da Coruña

O presidente provincial presentou en Compostela a segunda edición dunha carreira que a Deputación da Coruña “aspira a converter nunha competición de referencia en Galicia e en España” e que “está aberta á participación de todos os públicos” 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2024 a las 21:06

Compartir

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, destaca o gran traballo que está realizando a Deputación para apoiar este deporte e aspira a xuntar máis de 2.000 participantes nesta segunda edición

 A segunda tenente de alcaldesa compostelá, Míriam Louzao, subliñou que a carreira promove valores como o “impulso da práctica do deporte en todos os segmentos de idade, de xeito inclusivo e participativo”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou hoxe oficialmente en Santiago a segunda edición dos 10.000 Peregrinos, unha proba que a entidade provincial organiza en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago. Acompañaron a Formoso a segunda tenente de alcaldesa compostelá, Míriam Louzao, e o presidente da Federación, Iván Sanmartín, nun acto conducido polo xornalista Terio Carrera.

O presidente provincial destacou na súa intervención o “carácter aberto” da carreira, xa que poden participar dende atletas de elite ata afeccionados ou calquera persoa, sen importar a súa idade nin condición física, posto que conta con distancias de 10, 5 e 2 quilómetros, ademais dunha andaina de 5. Na primeira edición, o ano pasado, tomaron a saída deportistas do nivel de Irene  Sánchez-Escribano, Adrián Ben, Tariku Novales, Cristina Ruiz, Ester Navarrete, Daniel Arce ou Fernando Carro.

Formoso afirmou tamén que Os 10.000 Peregrinos “aspira a converterse nunha competición de referencia en Galicia e en España”  e servirá para “visualizar o esforzo” por parte da Deputación na promoción do deporte, que se incrementa cada ano financiando “a máis de 800 entidades deportivas da provincia en todas as disciplinas” e que implica tamén “ilusión e moito traballo detrás de cada evento para concretar esa aposta”.

“Cando as administracións traballamos nesa liña, o resultado é que cada vez aparecen máis deportistas de alto nivel e que serven de ‘lebres’ para os que teñen ilusión de selo algún día”, concluíu o presidente da Deputación.

Míriam Louzao referiuse especialmente aos valores que promove a proba, como é “o impulso á práctica do deporte en todos os segmentos de idade, de xeito inclusivo e participativo”.

Iván Sanmartín asegurou que a carreira constitúe “unha magnífica oportunidade para que Galicia teña unha proba referente en España” e destacou a relevancia “do traballo que se está facendo dende a Deputación” para o atletismo galego con iniciativas como esta ou o Circuíto de Carreiras Populares, con 35 competicións cada ano noutros tantos concellos e unha participación que supera as 15.000 persoas cada ano.

A inscrición seguirá aberta ata o 3 de abril

Os 10.000 Peregrinos ten aberto o prazo de inscrición ata o 3 de abril. Xa a formalizaron máis de 700 persoas, a través da web www.os10.000peregrinos.gal ou de Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com, e o propio Sanmartín confiaba en que se superarán os 2.000 participantes.

A carreira naceu co dobre obxectivo de acadar relevancia no atletismo provincial e autonómico e, á vez, fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables a través da participación da mocidade e das persoas maiores da provincia. Por iso, ofrece diferentes modalidades nas que teñen cabida moi distintos rangos de idade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.