Santiago acolle esta fin de semana os campionatos de España de loitas olímpicas e de praia
04/06/2024 Santiago acolle este sábado 8 e domingo 9 de xuño tres campionatos absolutos de España de loita nas modalidades olímpicas de loita libre feminina, loita libre masculina e loita grecorromana. Tamén se celebrarán os campionatos de España de Praia nas categorías absoluta e U17 de loita e sambo. Os torneos, que se desenvolverán no pavillón municipal de Santa Isabel, foron presentados esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Pablo Pintos Figueiroa, director técnico da Federación, e Belisa González, responsable de Administración.



