ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

San Xoán en Santiago: máis de trinta celebracións con cacharelas e sardiñas en espazos públicos

O Concello de Santiago ten autorizadas para esta noite un total de 31 celebracións en diferentes espazos públicos: 12 cacharelas con sardiñada; 12 sardiñadas e 7 cacharelas. Estes eventos súmanse aos que xa se celebraron durante a pasada fin de semana e os que están autorizados para o vindeiro sábado, ata superar as 50 festas de San Xoán. Ademais, o Concello recibiu comunicación previa para a celebración de 587 cacharelas e sardiñadas en espazos privados.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de junio de 2025 a las 15:40

Compartir

Como é habitual, esta noite haberá un reforzo dos efectivos da Policía Local e dos Bombeiros para atender calquera posible incidencia, tamén en coordinación coa Policía Nacional.

23 actividades en Mazarelos

A praza de Mazarelos acollerá na tarde do día 23 obradoiros e música en directo nunha xornada lúdica para por en valor a importancia das Festas de San Xoán, con gran tradición no conxunto do municipio. Estas actividades, abertas a todos os públicos, diríxense especialmente a un público familiar, tanto residente como visitante. Ademais, durante todo o día haberá un punto de información co obxectivo de descentralizar a asistencia ás múltiples cacharelas que se organizan nos diferentes barrios e parroquias de Compostela.

Dende as 16.00 as 21.00 horas haberá un pasarrúas a cargo de A.C. Argalleiros, que animarán a zona durante toda a tarde, nas horas previas ao acendido das cacharelas nos barrios e parroquias de Compostela. A partires das cinco comezarán os diferentes obradoiros, todos eles gratuítos, pero para os que é recomendable facer reserva previa.

Os obradoiros que se desenvolverán en diferentes sesións son: “Obradoiro de Herbas de San Xoán”, “Obradoiro de baile galego”, “Obradoiro de pandeireta e percusións” e  “Obradoiro de Xogos con música”. Tamén haberá auga de herbas xa preparada para levar e a última hora repartiranse herbas de San Xoán para preparar na casa a auga de herbas tradicional (ata finalización de stock).

Ademais destes obradoiros en Mazarelos, haberá tamén “Paseos botánicos para a recollida de herbas de San Xoán” paseando pola senda do río Sar. O punto de encontro é a ponte vella do Sar. Faranse un dous pases pola mañá, ás 10.00 e ás 11.30 horas, e outros dous pola tarde, ás 17.00 a ás 18.30 horas. Tamén é recomendable facer reserva previa de praza.

Ás 21.30, para rematar a xornada, Mazarelos acollerá unha actuación musical do grupo Cantigas e Agarimos, que continuará cunha foliada aberta ao público.

Normas de seguridade e convivencia

O Concello ten publicadas unha serie de instrucións para garantir a seguridade nas cacharelas e/ou sardiñadas. Se a súa celebración se produce en zona urbana o volume de combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro, nin 6 metros de perímetro, nin un metro de altura. Na zona rural, non excederá os 3 metros de diámetro, nin 9 de perímetro, nin 3 metros de altura. En todo caso, as fogueiras estarán afastadas de vivendas e vehículos, de masas arbóreas ou zonas vexetais, e non se situarán baixo tendidos eléctricos ou telefónicos.

Como é habitual, estará prohibido queimar pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico, así como recipientes de líquidos inflamables ou sprays.

No caso das cacharelas sobre enlousados, será obrigado protexer o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros. Este ano, como novidade, a area para a celebración de cacharelas públicas foi entregada polo Concello ás persoas ou entidade organizadoras.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

festas san xoannoite meigasan xoansan xoán SantiagoSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago