Dende as 16.00 as 21.00 horas haberá un pasarrúas a cargo de A.C. Argalleiros, que animarán a zona durante toda a tarde, nas horas previas ao acendido das cacharelas nos barrios e parroquias de Compostela. A partires das cinco comezarán os diferentes obradoiros, todos eles gratuítos, pero para os que é recomendable facer reserva previa.
Os obradoiros que se desenvolverán en diferentes sesións son: “Obradoiro de Herbas de San Xoán”, “Obradoiro de baile galego”, “Obradoiro de pandeireta e percusións” e “Obradoiro de Xogos con música”. Tamén haberá auga de herbas xa preparada para levar e a última hora repartiranse herbas de San Xoán para preparar na casa a auga de herbas tradicional (ata finalización de stock).
Ademais destes obradoiros en Mazarelos, haberá tamén “Paseos botánicos para a recollida de herbas de San Xoán” paseando pola senda do río Sar. O punto de encontro é a ponte vella do Sar. Faranse un dous pases pola mañá, ás 10.00 e ás 11.30 horas, e outros dous pola tarde, ás 17.00 a ás 18.30 horas. Tamén é recomendable facer reserva previa de praza.
Ás 21.30, para rematar a xornada, Mazarelos acollerá unha actuación musical do grupo Cantigas e Agarimos, que continuará cunha foliada aberta ao público.
Normas de seguridade e convivencia