O PSOE pide ao goberno de Sanmartín que traballe para declarar Santiago como zona tensionada
Gumersindo Guinarte denuncia que o goberno da señora Sanmartín está a frear o avance na declaración de Santiago como zona residencial tensionada, persistindo nunha actitude pasiva e limitada á correspondencia con outras administracións, mentres a cidadanía sofre a falta dunha política real de vivenda.