A popular puxo como exemplo ao goberno bipartito PSOE-BNG da Coruña, que foi quen de tramitar, correctamente, o expediente, aínda que empezou máis tarde que o goberno local, e xa conseguiu dita declaración, “o que indica -remarcou- que si tramitas correctamente obtés o que pretendes, pero si non o fas correctamente, como fixo este goberno nacionalista, non a obtés, non hai máis”.
“A administración autonómica entendeu -dixo- que o goberno local non respondeu ao requirimento de documentación que lle foi remitido e non cumpriu cos requisitos fixados pola Lei,”.
Para a popular, “estamos diante dun goberno incompetente, que non sabe responder a un requirimento de subsanación de documentación, algo que non é tan difícil, só hai que coñecer a normativa, ler o requirimento, completar a documentación e remitila no prazo establecido”.
“Este procedemento -explicou Baleato- está perfectamente regulado e non hai máis que cumprilo, a documentación está taxada e perfectamente detallada, non hai discusión, buscar outra motivación é querer enredar, xa que o único que fixo a Xunta foi cumprir coa normativa, coa Lei de Vivenda de Galicia, coa Lei polo dereito á vivenda estatal e coa Lei de procedemento administrativo común”.
A edil popular insistiu en que “o goberno nacionalista o que ten que facer é deixarse de titulares baleiros, abandonar a confrontación coa Xunta e presentar novamente a solicitude, coa documentación completa si quere acadar a declaración de zona de mercado residencial tensionado”.