ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP esíxelle ao BNG accións urxentes no Refuxio de Animais de Bando

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de abril de 2024 a las 11:24

Compartir
  • Villa realizou unha cronoloxía recordando o “demoledor informe da veterinaria”, que indica que, actualmente, non se están a cumprir coas normas para os centros de protección animal como o de Bando.
  • O popular lembrou que o pasado ano xa se pediu un incremento nos orzamentos pero, os nacionalistas seguiron no seu “pasotismo e evidenciando que o Refuxio non é unha prioridade para eles”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, esixiulle ao BNG que se tomen medidas e se leve a cabo un estudo exhaustivo do estado das instalacións do Refuxio de Bando, así como do incremento preciso en persoal operario e veterinario, para cumprir a Lei de Benestar Animal.

O edil lembrou o que está a suceder neste refuxio municipal desde que, o pasado outono, voluntarios e voluntarias, así como os propios populares, denunciaron publicamente a situación, sen que o BNG tomase ningunha medida.

Villa realizou unha cronoloxía recordando o “demoledor informe da veterinaria”, que indica que, actualmente, non se están a executar as normas que son de obrigado cumprimento para os centros de protección animal como o de Bando. A maiores, puxo de manifesto o lamentable estado das instalacións, a falta de persoal e a saturación que sofren os canís e gateiras.

O popular subliñou que, dentro dunha posición construtiva e dando marxe de manobra aos nacionalistas, a finais do pasado ano solicitouse un incremento no orzamento que, por aquel entón, estaba a elaborar o BNG.

Villa recriminou así o “pasotismo e a evidencia de que o Refuxio non é unha prioridade para o BNG”, posto que non se tivo en conta ningún tipo de medida económica pala paliar a desastrosa situación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Adrián Villa lamentou que se tivese que esperar ata o Pleno de abril de 2024 para en escoitar aos voluntarios, traballadores e ao principal partido da oposición, posto que entre os estudos, os acordos do Padroado e a posta en marcha das medidas pasará demasiado tempo, algo que pagarán os animais que alí están aloxados por culpa do “tarde, mal e a rastro habitual dos nacionalistas”.

Etiquetas

animaisBandocompstelappradio lider santiagoRefuxiosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha