ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP esixe mellorar o acceso ás bolsas de comedor escolar en Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de abril de 2024 a las 19:56

Compartir
  • Borja Rubio explica que “é imprescindible garantir que todas as familias, con escaseza de recursos económicos, teñan un acceso xusto ás bolsas de comedor escolar, sen perder oportunidades por mor da elección da bolsa solicitada”.
  • «Mellorar o acceso a estes beneficios é unha tarefa fundamental, que require vontade política por parte do goberno nacionalista, en minoría en Santiago de Compostela», subliñou o popular.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, reclámalle ao BNG unha mellora no acceso ás bolsas de comedor escolar, co fin de beneficiar a máis familias con estas axudas municipais.

Rubio explicou, en rolda de prensa, que “é imprescindible garantir que todas as familias, con escaseza de recursos económicos, teñan un acceso xusto ás bolsas de comedor escolar, sen perder oportunidades por mor da elección da bolsa solicitada”. Así mesmo, solicitou que, durante o curso, se poida abrir un prazo extraordinario, para que as familias ás que lle mudaron as súas condicións económicas durante ese tempo, poidan acceder a estas axudas

«Mellorar o acceso a estes beneficios é unha tarefa fundamental, que require vontade política por parte do goberno nacionalista, en minoría en Santiago de Compostela», subliñou o popular.

Borja Rubio asegurou que hai que establecer medidas novas para que máis familias poidan beneficiarse destas axudas destinadas a cubrir os gastos relacionados coa escolarización dos seus fillos, xa que, na actualidade, as bases permiten aos solicitantes elixir a bolsa que desexan solicitar o que, ás veces, resulta unha perda de oportunidades para acceder a unha axuda mellor ou mesmo quedar excluídos se exceden o límite establecido na convocatoria.

«Para nós é un tema capital que se realicen melloras no reparto das bolsas de comedor escolar e isto pode facerse de forma sinxela, só, reiterou, hai que ter vontade política, algo do que parecen carecer os nacionalistas».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Borja Rubio manifestou que “espera que o BNG se poña a traballar de inmediato, para que os cambios que se solicitan desde o Partido Popular de Santiago, se poidan aplicar xa na convocatoria do vindeiro curso académico”.

Etiquetas

bolsascomedorcompostelappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha