ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago reclama auga e saneamento para as vivendas das parroquias

• José Ramón de la Fuente denunciou que “o goberno nacionalista deixou varias vivendas de Sabugueira, A Peregrina e San Xoán de Fecha fóra da licitación das obras para a ampliación e rehabilitación das redes municipais”.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de agosto de 2025 a las 17:13

Compartir

• “Os anteproxectos, que abarcan actuacións en distintos lugares, -dixo- non contemplan a totalidade dos inmobles das parroquias afectadas e deixan se servizo a algunha a moi poucos metros das instalacións que se proxectan”.

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro, José Ramón de la Fuente, reclámalle ao goberno nacionalista, tal e como se aprobou no pasado Pleno, que engadan, á ampliación e rehabilitación da rede municipal do ciclo integral da auga, as vivendas das parroquias de Sabugueira, A Peregrina e San Xoán de Fecha que non aparecen contempladas nos anteproxectos.

“Os anteproxectos, -explicou De la Fuente- están listos desde setembro de 2020, xa que foron elaborados polo anterior goberno pero, cando teñen pasado cinco anos, este goberno local só foi quen de licitar a redacción dos proxectos sen falar ou informar á veciñanza, máis alá do que se lles dixo, recentemente, cando a licitación xa estaba en marcha”.

Para o edil popular, “é unha mágoa, pero unha constante neste goberno nacionalista, a falta de diálogo previo cos veciños, e, neste caso, se se tivera falado antes, poderíamos ter evitado que, en poucos metros, haxa persoas que si verán dotadas as súas vivendas con estes servizos e outras terán que seguir esperando por eles, sen un horizonte temporal certo”.

“Coñecemos a distinta cualificación e características dos solos afectados, -agregou o popular-, pero compre lembrar que algúns levan desde 2007 esperando o desenvolvemento do solo, sen que haxa, a día de hoxe, trazas de que, a medio prazo, se vaia iniciar dita urbanización”.

De la Fuente subliñou que “o abastecemento e saneamento do rural de Santiago é unha débeda pendente e o goberno nacionalista debe implicarse para que a calidade de vida dos veciños que viven nestas zonas non sufra o agravio comparativo que padecen na actualidade; e esa débeda histórica precisa dunha aposta clara por parte do goberno local”.

“O Partido Popular de Santiago reclamoulle ao BNG que busque unha solución que permita satisfacer a dispoñibilidade dun servizo básico que agora mesmo non teñen, polo que, se hai vontade, -insistiu De la Fuente- seguro que hai ferramentas para artellar un arranxo, para que teñan, nun prazo razoable, uns servizos básicos”.

José Ramón de la Fuente lémbralle ao goberno nacionalista que “todos os partidos asinamos o pacto polo rural; tamén o BNG, pero agora, polo que se ve, esqueceron ese compromiso, cando tiñan unha magnífica oportunidade de visualizar que ese apoio non foi froito dunha campaña electoral”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Neste caso, concluíu, en lugar de incluír todas as vivendas das parroquias de Sabugueira, A Peregrina e San Xoán de Fecha, optaron polo sinxelo, desempolvar un anteproxecto de 2020 e licitalo sen revisalo, nin falar cos veciños, nin coas asociacións do rural”.

Etiquetas

augapoliticappsaneamentoSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago