ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O Pleno extraordinario aproba a conta xeral do Concello de Santiago do ano 2023

O Pleno do Concello de Santiago, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, someteu a consideración a conta xeral do Concello de Santiago correspondente ao ano 2023, para a súa aprobación e posterior remisión ao Consello de Contas. Na súa intervención o concelleiro de Facenda avanzou que o pago medio a proveedores en outubro baixou a 65 días e a débeda reduciuse a 9,5 millóns. Ademais, a xestión ordinaria, e as operación financieiras e non financieiras pasaron de resultados negativos no 2022 a positivos no 2023 e se incrementaron as partidas de servizos destinados á cidadanía como vivenda, limpeza e alumeado, fomento do emprego, saúde pública, educación e deporte, entre outros.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de noviembre de 2024 a las 20:04

Compartir

O expediente da conta xeral do 2023, que foi aprobado cos votos a favor do BNG, Compostela Aberta e o Grupo Socialista e as abstencións do Grupo Popular, recolle, segundo sinalou o concelleiro de Facenda, Manuel César, un incremento patrimonial total de case 16 millóns de euros (15.945.961,10 euros) e de máis de 10 millóns en patrimonio líquido, “froito do resultado do exercicio que pasa da cifra negativa de 2022 de case 4,3 millóns de euros a un lucro en 2023 de case 3 millóns (2.951.485,99 euros)”.

O concelleiro tamén destacou que o pasivo non corrente ou débedas que ten o Concello redúcese en máis de 1,5 millóns, aumentando o corrente en 7,3 millóns de euros, “aínda que de calquera maneira os dereitos de curto prazo superan en máis 24,46 millóns as obrigacións de curto prazo, aumentando o fondo de manobra a respecto do ano anterior, en máis de 2,2 millóns de euros”, detallou.

Ademias, Manuel César salientou as “melloras significativas a respecto do ano anterior, a pesar de ser un tratamento prorrogado”, xa que a xestión ordinaria pasou de -2.448.814,14 euros en 2022 a 2.407.395,43 euros en 2023, revertendo o resultado negativo en positivo. Tamén o resultado das operacións non financeiras pasou dun saldo negativo de 2.370.775,64 euros en 2022 a un resultado positivo de 2.526.634,22 euros en 2023, e o das operacións financeiras, dunha perda de case 2 millóns de euros (-1.899.927,81) a un superávit de 424.851,77 euros.

Manuel César tamén mencionou o aumento dos grandes programas de gasto, «froito dunha mellora na xestión municipal» e que se traduciu nun incremento na prestación de varios servizos prestados á cidadanía como son vivenda, servizos muncipal básicos de limpeza e alumeado, fomento do emprego, saúde pública, educación e deporte. Tamén aumentaron as partidas destinadas ao turismo, ao desenvolvemento empresarial, mantemento e reparación dos camiños veciñais, seguranza e orde pública, protección civil e ordenación do tráfico e estacionamento.  A nivel interno, tamén se incrementou as partidas dedicadas á sociedade da información e da cidadadnía co obxectivo de mellorar o acceso da cidadanía aos servizoa municipais.

Melloras na xestión

Froito das medidas postas en marcha, o concelleiro de Facenda avanzou que o pago medio a provedores en outubro baixou a 65 días e a débeda reduciuse a 9,5 millóns. “Somos conscientes das deficiencias que existen neste Concello, pero para nada podemos considerar que estamos de brazos cruzados porque son moitas as medidas que se tomaron” e recordou que é necesario “esforzo e tempo” para revertir a situación. A este respecto, Manuel César aludiu a varias das medidas tomadas como a adquisición de novas ferramentas e a mellora da administración electrónica co obxectivo de axilizar a xestión interna dos procedementos.

Segundo Goretti Sanmartín, “somos moi  conscientes desde este Goberno que hai eivas na xestión, que son problemas estruturais complexos de hai moito tempo” e destacou algunhas medidas tomadas nos últimos meses como a mellora do inventario a través dunha reforma estrutural coa que Patrimonio pasa a depender de Secretaría, os labores de continuidade no proceso de optimización das ferramentas informáticas para aumentar a axilidade nos procedementos ou a creación de unidades especializadas da xestión e seguimento do pagamento das facturas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nesta sesión plenaria de carácter extraordinario tamén se aprobaron un expediente de suplemento de crédito para facer fronte ao incremento de do canon de SOGAMA polo tratamento de residuos urbanos , por importe de 901.884,89 euros, e outro expediente de crédito extraordinario por importe de 236.394,42 € e de suplemento de crédito de 45.297,98 € para atender o reintegro voluntario dunha parte do 1º libramento do MICIU ao proxecto SMARTIAGO e xuros de mora, financiado cunha parte do saldo do RLTGX 2023.

Etiquetas

compostelaconcellosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans