ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O Parlamento aposta por un acceso inclusivo eliminando as barreiras arquitectónicas

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de septiembre de 2024 a las 14:45

Compartir
  • O presidente Miguel Ángel Santalices sinala como obxectivo irrenunciable a necesidade de acadar a plena inserción da persoas con calquera tipo de discapacidade
  • As obras para a mellora da accesibilidade na sede do Lexislativo reordenan ademais a circulación dos tráficos rodado e peonil

Santiago, 25 de setembro de 2024.-  O Parlamento de Galicia inaugurou hoxe as obras de reforma coas que suprimen as barreiras arquitectónicas e se ordenan os tráficos rodados no acceso do centenario edificio que recupera así o servizo de entrada pola compostelana rúa do Hórreo.

O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, celebrou este acto de “profunda significación, non só para o Parlamento senón para o conxunto da sociedade galega», porque entende que representa “a  imperiosa necesidade de derrubar as barreiras que condicionan a plena inserción das persoas con calquera tipo de discapacidade».

Na súa intervención fixo un chamamento ás administracións públicas en xeral para ir sempre un paso por diante e dando exemplo, con obras como a que hoxe se puxo en servizo para superar  definitivamente as barreiras arquitectónicas que dificultaban, cando non impedían, o acceso das persoas con discapacidade á sede do Lexislativo galego.

Santalices explicou que a intervención arquitectónica no centenario edificio datado en 1915 abordou tamén a ordenación do tráfico rodado peonil, que ata o de agora compartían espazo nunha rampla empinada e de firme irregular, e mellora a protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas para os grupos das diferentes visitas guiadas do programa “Coñece as túas institucións» que impulsa o Parlamento de Galicia.

O presidente do Lexislativo galego destacou do proxecto arquitectónico de reforma a súa luminosidade, funcionalidade e a integración nun contexto de contundente monumentalidade como o que conforma o pazo do Hórreo.

Edificio histórico

A reforma xurde da necesidade de dispor dun espazo de recepción cuberto, previo ao ingreso, especialmente para grupos, no que se recollesen os servizos de seguridade e control, así como o acceso ao aparcamento subterráneo, mellorando a accesibilildade e dotandoo de sistemas de eficiencia enerxética e aportación de renovables.

Para a mellora da accesibilidade, as comunicación verticais resólvense con asecensores mentres que as horizontais, tanto exteriores como interiores, son prácticamente planas

O Pazo do Hórreo é un edificio centenario: entrou en servizo en 1915 como escola de veterinaria, pero axiña mudaría de uso -nos anos 20 do século pasado- para albergar un cuartel militar ata  que en 1986 a Xunta o mercou ao Ministerio de Defensa para convertelo na sede do Parlamento de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Posteriormente, unha rehabilitación modélica, obra de Andrés Reboredo, permitiu dotar á Cámara galega dunha sede definitiva, despois de ter itinerado por dous espazos prestados: os pazos de Xelmírez e de Fonseca.​

Etiquetas

galiciainclusividadeparlamento
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia