ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O Grupo Socialista propón ampliar en 820.000 m2 o solo industrial de Santiago

 

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de febrero de 2024 a las 16:17

Compartir

 

 

Instan á Xunta de Galicia a desenvolver o polígono proxectado na zona norte priorizando os usos industriais fronte os comerciais: “hai que apostar por un modelo de concurso no que se valore o propio proxecto”

En clave orgánica manifestan o seu “apoio total e sen matices” a José Ramón Gómez Besteiro para “pilotar” un novo proxecto do PSdeG

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024. “Queremos poñer as prioridades de Santiago de Compostela enriba da mesa desde o primeiro momento”, con esa pretensión o Grupo Socialista presentou este luns unha proposición coa que buscarán o apoio da Corporación para instar á Xunta de Galicia a promover máis solo industrial, no día seguinte ás eleccións autonómicas.

Co foco posto na diversificación económica de Santiago, avogan os socialistas pola promoción industrial para reducir a dependencia do sector servizos. Así, a súa proposta pasa porque a Xunta de Galicia, a través do IGVS desenvolva o polígono SUND-29, un solo de 400.000 metros cadrados situado ao carón do Orbital. Ademais, unha vez que se coñece xa o trazado definitivo do Orbitaliño, reclaman ao goberno local que avance na reformulación dos plans parciais dos outros dous polígonos proxectados na zona norte, o SUND-37.3 e o SUND-38, próximos a Finsa, afectados polo trazado do Orbitaliño.

En total estaríamos fronte a unha ampliación de 820.000 metros cadrados de solo industrial, “para facilitar o asentamento de empresas que xeren emprego, de xeito que o peso da industria sexa cada vez maior” explica Mercedes Rosón.

Priorizar o uso industrial fronte o comercial

Outra das claves que as socialistas fixan para a promoción industrial en Santiago é a priorización do proxecto industrial fronte o prezo á hora de abordar a venda, alugueiro ou concesión das parcelas: “debe apostarse por un modelo de concurso no que se teña en conta que aporta a empresa, que postos de traballo podería crear ou se se trata dun sector estratéxico e de futuro” argumenta Mila Castro.

“Hai que valorar o proxecto por enriba do prezo” defende a edil socialista que avoga por este cambio de modelo, e reclama ao IGVS que o faga xa nas parcelas que aínda están dispoñibles no polígono de A Sionlla.

Castro incide ademais no reforzo do acompañamento ás empresas que opten por Santiago para asentarse: “apostamos por especializar Uninova na captación, atracción e acompañamento de novas empresas”. O obxectivo, insiste, é “darlles facilidades á hora de abordar os trámites necesarios para comezar a súa actividade”.

O cuarto piar que propoñen é, en cumprimento da modificación da ordenanza fiscal impulsada no 2020 polo goberno socialista, impulsar “convenios fiscais coas empresas que busquen instalarse en Santiago”. Unha bonificación de ata o 95% no imposto de bens inmobles (IBI), no imposto sobre ac vidades económicas (IAE) e no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) para empresas que se instalaran na cidade “xerando emprego indefinido e de calidade” lembra Castro.

“Apoio total e incondicional a Besteiro”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“O que queda claro é que se hai algunha posibilidade de darlle vota á situación galega na Xunta de Galicia, iso pasa polo Partido Socialista” asegurou Mila Castro. A preguntas dos xornalistas, quixo manifestar ademais o seu respaldo a José Ramón Gómez Besteiro como o “mellor candidato” para “percorrer ese camiño e pilotar ese proxecto de cambio”. “Apoio total, incondicional e sen matices” ratificou a tamén edil socialista, Mercedes Rosón.

Etiquetas

compostelaindustriapoliticapsoeradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego