O BNG consegue que se presenten alegacións en contra de Altri
Líder Redacción
18 de abril de 2024 a las 17:35
“A moción do BNG aprobada no Pleno de marzo solicitaba un Pleno específico para a presentación de alegacións en contra de Altri con acordo da Corporación.”
“Este mércores celebrouse o Pleno extraordinario para a elaboración e aprobación de alegacións en contra da implantación da macroceluloso Altri en Palas de Rei, que afectará en grande maneira á calidade das augas e da súa biodiversidade do río Ulla”.
O BNG acadou un acordo, coa abstención do Partido Popular, de alegacións contra Altri e que se presentaron o mesmo día do remate do prazo.
Neste senso, o Pleno da Corporación aprobou ademais unha emenda do BNG onde se facía referencia precisamente a afectación a respecto da biodiversidade, a súa repercusión ante a xa mais que constatada contaminación que afecta xa a especies altamente vulnerábeis como a troita, o salmón ou a xa escasa lamprea, de gran impacto socioeconómico na comarca.



