ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

Novo colapso nas urxencias do CHUS con 12 pacientes graves nos corredores

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de mayo de 2024 a las 15:43

Compartir
Sen ningunha causa estacional que o xustifique, as urxencias do CHUS estiveron novamente colapsados no día de onte, tal e como denuncian dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
Este luns ás 15:30 horas 12 pacientes graves eran colocados nos corredores de acceso do servizo ao non existir espazos libres na zona de traballo para ser atendidos, mentres 30 doentes co ingreso asinado, algún deles con cama asignada, ocupaban os espazos de atención.
Desde a Asociación repiten que fronte aos discursos e relatos oficiais que afirman que a situación de colapso das urxencias é de orixe estacional, a realidade baseada nos feitos indican que a causa radica na ineficiente xestión das camas dispoñibles e na contumaz persistencia en converter os servizos de urxencias nun aparcamento de pacientes a pesar de que con iso estanse vulnerando os principios reitores de uso racional dos recursos do sistema, de calidade e mellora continuada dos servizos, e de atención personalizada e humanizada recollidos no artigo 32 da Lei de Saúde de Galicia. Mentres a xerencia e o SERGAS se neguen a poñer as camas a disposición, cando así o establecen os facultativos do servizo, os pacientes seguiremos sendo vítimas da vulneración do noso dereito fundamental a intimidade e a dignidade recollido no artigo 4 da citada Lei, e os profesionais sanitarios, traballando nun contexto diario de presión, veranse incapacitados para poder darnos unha atención de calidade.
Hoxe, indican, podemos afirmar que as últimas melloras realizadas polo SERGAS e o aumento do espazo no servizo están sendo empregados para demorar os ingresos en planta e converter as urxencias nunha zona de espera onde, os pacientes que teñen o ingreso asinado en planta, non conta cas condicións materias necesarias que require a súa condición de persoa hospitalizada e que o servizo de urxencias non pode subministrar. Ao mesmo tempo os pacientes graves que requiren atención urxente somos aparcados nos corredores en espera de recibir atención. Este uso indebido da unidade realízase con custes intolerables, en termos de dano moral e físico, ao non obter a atención requirida en función das nosas necesidades de asistencia.
Segundo os datos publicados na páxina web do hospital en “Pulso do CHUS”, nas últimas 24 horas foron atendidas 533 persoas, e o nivel de ocupación das camas foi do 57 por 100 (867) sobre un total de 1511 dispoñibles. Existe un excedente de 644 camas que na práctica permaneceron pechadas mentres non se doten de persoal sanitario para ser ocupadas. A isto hai que engadir as plantas do Hospital Gil Casares con obras paralizadas durante meses que manteñen pechadas mais de 70 camas.
O sistema de atención primaria desta área sanitaria segue arroxando centros de saúde que acumulan demoras nas consultas presencias por unha doenza nova ou por atención a pacientes crónicos. O pasado día 5 de abril detectáronse as seguintes demoras nos seguintes centros de saúde: Centro de saúde de Bertamiráns: 18 días, Concepción Arenal (Compostela) : 5 días , Centro de Saúde de Conxo: 5 días, Centro de Saúde de Padrón: 10 días, Centro de Saúde de Vite: 10 días. Centro de Saúde de Rianxo: 13 días, Centro de Saúde de Arzúaa: 4 días, Centro de Saúde de Dodro: 4 días. Estas demoras estanse producindo de xeito cada vez mais frecuente o que indica a existencia de carencias graves de persoal que fai que as urxencias do CHUS segan sendo o destino de moitas persoas con doenzas tempodependentes que non teñen resposta nos tempos requiridos por parte do sistema de atención primaria, que segue ofrecendo citas con demoras inaceptables para moitos pacientes crónicos.

Etiquetas

chuscolapsocomposteladenunciaradio lider santiagosanidadesantiagourxencias
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago