Muíños solicita unha reunión co Goberno local tras o novo retraso na licitación dos autobuses
O portavoz socialista di “comprender” a situación pero pide transparencia, lembrándolle á alcaldesa as súas reclamacións cando non tiña o bastón de mando: “pregúntome onde está a reunión de portavoces con presencia técnica que a señora Sanmartín pediría se estivera na oposición”



