ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComercioDestacado

Melide pon en marcha o Concurso de Escaparates de Nadal

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de noviembre de 2023 a las 12:06

Compartir
  • Os comercios interesados pódense inscribir ata o día 11.
  • Haberá tres premios, por valor de 1.000, 500 e 250 € respectivamente.
  • O xurado valorará aspectos como orixinalidade, a creatividade, a estética e a montaxe da decoración.

Melide, 23 de novembro de 2023.-  O Concello de Melide convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates, un certame consolidado que convida aos establecementos comerciais do municipio a colaborar coa decoración de Nadal enfeitando os seus propios escaparates con motivos alusivos a estas festas. Con este obxectivo, o Concello xa se dirixiu ao conxunto de comercios e de hostalería a través dunha misiva onde o alcalde, José Manuel Pérez Penas, anima á participación e onde se lle achega a cada comercio as bases do concurso.

As mencionadas bases sinalan que poderán participar todos os establecementos comerciais ou hostaleiros situados en Melide, con independencia do produto que oferte. A decoración deberá gardar relación con motivos natalicios, e valorarase a súa orixinalidade, estética, creatividade e montaxe. Ademais, cando haxa algún texto na decoración, este deberá estar escrito en lingua galega.

Os escaparates deberán permanecer decorados polo menos entre os días 11 de decembro de 2023 e 7 de xaneiro de 2024. O concurso repartirá tres premios. O primeiro terá un valor de 1.000€. O segundo, de 500 €. Por último, o valor do terceiro premio será de 250 €. Para participar, os establecementos interesados poderán enviar un correo electrónico a comercio@concellodemelide.gal con data límite 11 de decembro de 2023.

Haberá un xurado designado dende a Concellería de Comercio que valorará os establecementos a concurso e fará pública a súa decisión nun acto que terá lugar o martes 9 de xaneiro no Salón de Plenos do Concello, dando comezo ás 12 da mañá.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na edición do ano pasado houbo un total de 19 establecementos a concurso, alzándose Mis Mejores Labores co 1º Premio. Carnicería Cardelle e Toysmaniatic Melide fixéronse co 2º e 3º premios, respectivamente.

Etiquetas

comericomelidenadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide
Destacado

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide
Comarca

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”
Actualidad

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre
Comarca

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre