ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Manuel Lorenzo e Isabel Caeiro gañan a 41 Carreira Pedestre da Amaía (Brión)

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de octubre de 2024 a las 21:19

Compartir
  • A choiva reduciu á metade a participación nesta edición, de 404 inscritos a 202 persoas participantes

8 de outubro de 2024.- O marinense Manuel Lorenzo López (Club Deportivo Pinarium) e a compostelá Isabel Caeiro Mariño (Sociedade Gimnástica de Pontevedra) gañaron a XLI Carreira Pedestre da Amaía, disputada este sábado en Brión. A diferencia da edición anterior, o tempo non acompañou e influíu moito na proba, ata o punto de reducir a participación exactamente á metade: dos 404 atletas inscritos só tomaron a saída un total de 202,  130 na proba absoluta.

A choiva mesmo condicionou o desenvolvemento da proba, que unha das máis lentas dos últimos anos. O gañador, Manuel Lorenzo López, entrou en meta cun tempo de 32 minutos e 25 segundos, un minuto máis co vencedor de 2023 e medio minuto máis co seu propio tempo do ano pasado, que lle valera a terceira praza. Lorenzo López sacoulle 20 segundos ao segundo clasificado, Lucas Riola Delgado (Club Natación Cedeira Muebles García) e 33 segundos ao terceiro, Amadeo Abal Chaves (Amadeo Abal Nutrición Deportiva).

Na categoría feminina, continúa a “maldición” desta proba: ningunha atleta repite título de forma consecutiva. Neste caso, Sandra Mosquera Losada nin sequera chegou a tomar a saída, pese a estar inscrita. O seu lugar no alto do podio foi ocupado por Isabel Caeiro Mariño, cun tempo de 37 minutos e 52 segundos, minuto e medio máis co tampo da gañadora en 2023 e que lle permitiron entrar no posto 24 de clasificación xeral. O segundo posto foi para Leticia Barrosa Fernández (Club Atletismo Feminino Celta), cun tempo de 39 minutos e 59 segundos, mentres que o terceiro posto foi para Noelia Papín Estévez (Dawako) con 44 minutos e 1 segundos.

Dominio dos equipos de Santiago

Os equipos composteláns coparon a clasificación por equipos. O primeiro posto foi para o Club Triatlón Compostela, seguido polo Club Atletismo Sar e a Sociedade Deportiva Compostela de Atletismo. Os premios para os mellores atletas locais foron para Félix Quintela Pais e David Alejandro Pérez Baña (do Club Atletismo Brión – Hyupersa Santiago) e Christian Lapido González, na categoría masculina (nos postos 38, 44 e 51 da proba xeral); e María José Bragaña Míguens (Club de Atletismo Outes) e Marta García Reino, nos postos 101 e 109 da clasificación xeral.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os premios aos seis vencedores absolutos, así como aos tres primeiros clasificados de cada unha das categorías establecidas, foron entregados polo concelleiro de Deportes, Carlos Noya, quen estivo acompañado das concelleiras Sandy Cebral, Rosa Romero e Guarina Rey, sí como polo concelleiro José Antonio Vidal. Uns trofeos deseñados polo prestixioso ceramista Nano Unzueta, residente en Brión.

Etiquetas

brioncarreira pedestredeportesradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock