ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Máis locais e máis tapas no XVII Santiago(é)Tapas tras o peche de inscricións

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de enero de 2026 a las 20:58

Compartir
  • Anotáronse ao concurso que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, 47 establecementos con 72 petiscos, superando as cifras da edición anterior.

Onte pechou o prazo de inscrición para participar no XVII Santiago(é)Tapas, que nesta edición contará cun notable incremento de participación respecto ao ano pasado. En total, 47 locais composteláns inscribíronse no concurso que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, o que supón 5 establecementos máis que na edición anterior. Cómpre destacar ademais que 12 destes locais non participaron no certame do 2025, o que amosa a capacidade do Santiago(é)Tapas para atraer novos establecementos.

Entre os 47 locais presentarán un total de 72 tapas ás probas de preselección que se celebrarán a semana que vén na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, unha cifra que medra en 4 propostas con respecto ao ano pasado, consolidando así o interese e a implicación do sector hostaleiro nesta iniciativa. Alí o Xurado Técnico avaliará as receitas e degustará as tapas presentadas para seleccionar as que superan esta fase previa precisa para concursar.

O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo. Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o concurso conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela e Allwork.

Etiquetas

santiago e tapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Artesana, Bodeguilla de Santa Marta e La Morena, gañadores do XVII Santiago(é)Tapas
Actualidad

Artesana, Bodeguilla de Santa Marta e La Morena, gañadores do XVII Santiago(é)Tapas

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas
Actualidad

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas

Comeza Santiago(é)Tapas con 76 tapas a concurso
Actualidad

Comeza Santiago(é)Tapas con 76 tapas a concurso

O 19 de febreiro arranca Santiago(é)Tapas con 76 propostas de 48 locais
Actualidad

O 19 de febreiro arranca Santiago(é)Tapas con 76 propostas de 48 locais