ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O XVII Santiago(é)Tapas supera as 33.000 tapas vendidas

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de marzo de 2026 a las 19:13

Compartir
  • O concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña entregará os seus premios o luns 16 de marzo no Auditorio de Galicia.

Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Compostela, continúa a consolidar o seu éxito de participación e consumo. Nesta edición superáronse as 33.000 tapas vendidas, unha cifra que supón un incremento do 10% respecto ao ano anterior e confirma a boa acollida do público e a implicación dos establecementos participantes.

O número de tapas vendidas nesta edición sitúase por riba das 30.000  rexistradas no 2025 e das 25.000 contabilizadas na edición do 2024, que foi a primeira na que se apostou por trasladar o concurso do mes de novembro a febreiro. Deste xeito, Santiago(é)Tapas reafírmase como un evento fundamental para fomentar o consumo durante a temporada baixa, en consonancia co obxectivo municipal de avanzar cara a un modelo turístico máis desestacionalizado.

Entrega de premios

Este luns, 16 de marzo, coñeceremos cales son os dez locais finalistas, así como as tapas gañadoras desta edición. O acto de entrega de premios -con acceso limitado a establecementos participantes así como empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras- celebrarase ás 19:00 h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

Entre todas as tapas que participaron neste XVII Santiago(é)Tapas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional (60%) e do público (40%), tres galardóns principais:

  • Premio “Deputación da Coruña” á Mellor Tapa Creativa, dotada con 1000 euros. Esta tapa será a que representará a Santiago no concurso De tapas por Galicia organizado por Turismo de Galicia.
  • Premio “Compostela Gastronómica” á Mellor Tapa Tradicional, dotada con 1000 euros.
  • Premio á Mellor Tapa Doce, dotado con 1000 euros e un agasallo especial de Café Dromedario.

Ademais, outorgaranse varios premios adicionais, elixidos polo xurado profesional:

  • Premio “Ponte da Boga” á Mellor Tapa en maridaxe con Viño, dotado con 500 euros en produto.
  • Premio “Estrella Galicia” á Mellor Tapa en maridaxe con Cervexa, dotado con 500 euros en produto.
  • Premio “Calidade Diferenciada” á Mellor Tapa con produto de DOP, IXP, Produción Ecolóxica ou Artesanía Alimentaria, dotado cun lote de produtos da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).
  • Premio “Cash Record” á Mellor Tapa Vexetariana/Vegana, dotado con 400 euros en produto.
  • Premio “ACEGA” á Mellor Tapa Sen Glute, dotado cun cheque de 200 euros para a compra de produtos sen glute.

Durante o acto de entrega de premios do XVII Santiago(é)Tapas tamén se realizará o sorteo dunha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio, entre todas as persoas que votaron polas tapas a través dos códigos QR que se atopaban nos locais participantes.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Organizado e promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o XVII Santiago(é)Tapas ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela, Allwork e Vimbio.

Etiquetas

concursogastronomiaSantiago de Compostelasantiago e tapasturismo santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira