Máis de 200 variedades de camelias protagonizan unha mostra única en Santiago
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou esta mañá a exposición ‘Camelia, Flor de Galicia’, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que convida tanto á cidadanía como ás persoas visitantes a descubrir unha proposta singular nesta Semana Santa en Santiago de Compostela.



