ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Exposición da Camelia e do Bonsái de Padrón celebra os seus dez anos como un referente

• A décima edición reunirá o 21 e o 22 de marzo 70 expositores chegados desde toda Galicia
• A inauguración será o sábado ás 13.00 horas, e inclúe unha homenaxe ao gran coleccionista de Rois Ramón Abalo
• O certame conta cun amplo programa de actividades de balde, desde obradoiros e visitas guiadas ata un escape room para a rapazada

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de marzo de 2026 a las 12:25

Compartir

Padrón. 9-3-2026.- O Convento do Carme de Padrón acollerá a fin de semana do 21 e 22 de marzo a X Exposición da Camelia e do Bonsái, un evento que chega ao seu décimo aniversario consolidado como unha das citas máis destacadas do calendario floral galego. Nesta edición tan especial a mostra organizada polo Concello de Padrón coa dirección de José Freire contará con 70 expositores, atraendo un ano máis a afeccionados e expertos de toda Galicia.

A apertura da exposición será o sábado 21 de marzo, a partir das 9.30 horas, coa colocación das flores por parte dos participantes. A inauguración oficial está prevista para as 13.00 horas, momento no que se celebrará unha homenaxe ao gran coleccionista Ramón Abalo, o afeccionado de Oín que cultiva máis de 700 especies no seu xardín familiar, un patrimonio natural único no veciño municipio de Rois.

As persoas que se acheguen ao Convento do Carme ao longo da fin de semana poderán gozar dun amplo programa de actividades con talleres gratuítos para todos os públicos. Por exemplo, o sábado 21 a exposición incluirá tres obradoiros: un de iniciación á técnica de pintura tradicional xaponesa Sumi-e impartido por Mar de la Corte (con sesións ás 17.30 e 18.30 horas e inscrición previa), outro de conservas vexetais artesanais a cargo de Carmen Freire Cruces (18.30 horas) e un terceiro de bonsái, que se celebrará durante toda a xornada e estará impartido pola Asociación Cultural Bonsái A Estrada.

O domingo 22 a programación continuará con novidades como o Escape Room ‘A dama das Camelias’, a partir das 11.00 horas para rapazada de 8 a 14 anos e para a que é preciso inscribirse con antelación. Unha visita guiada á mostra a cargo de José Freire (12.30 horas) e un obradoiro de poda e coidado de froiteiras (16.30 horas) impartido polo enxeñeiro Alfonso Touceda completan un evento que pechará as súas portas ás 19.00 horas.

Ao longo das dúas xornadas, os amantes da natureza e da arte floral que se acheguen á exposición padronesa tamén poderán visitar as dúas exposicións permanentes que acollerá o Convento do Carme: a mostra de pintura en acuarela Sumi-e ‘A sutileza da auga e do xesto’, da academia artística Mar de la Corte, e a de pintura ‘Do estudo á luz’, na que corenta alumnos do centro arousán expoñerán as súas obras.

Premios ás mellores camelias de Galicia

Como xa é tradición, o certame entregará diversos recoñecementos aos expositores participantes, incluíndo os premios Amigos da Camelia de Padrón, que distinguirán os mellores lotes de flores en distintas categorías, e o premio Orixe Galega á flor individual máis fermosa de orixe galega.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Co apoio do concello de Padrón, e tras unha década dando a coñecer o valor ornamental e patrimonial desta especie e poñendo en valor o traballo de cultivadores e expertos de todo o país, a Exposición da Camelia e do Bonsái chega ao seu décimo aniversario co mellor regalo, reafirmarse como unha cita imprescindible no calendario cultural e botánico de Galicia.

Etiquetas

cameliapadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’