ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Fin de semana dedicada ao parkour e ao skate en Santiago

María Rozas puxo en valor as potencialidades dos deportes urbanos “para xerar comunidae entre os mozos e mozas, para que reivindiquen a súa identidade e para que se sinta máis protagonista e donan dos espazos públicos da súa cidade”.  Na rolda de prensa tamén participaron Pablo Castiñeiras, de Vella Escola; Alberto Muíño, de Cultura Urbana; e Carlos Gil, de Skate Escola, que participan na organización do evento. Os tres incidiron en que os deportes urbanos son unha alternativa para que os mozos e mozas socialicen e desfruten ao aire libre, con propostas de ocio saúdable, e que xeran interesantes dinámicas colaborativas

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de mayo de 2025 a las 18:25

Compartir

Parkour Skills Challenge

A primeira das citas, o 7 de xuño, será o “Parkour Skills Challenge”, unha xornada dirixida tanto ás persoas xa especializadas nesta disciplina urbana como a todas aquelas, a partir dos 10 anos, que queiran iniciarse na práctica do parkour.

O evento desenvolverase na Praza Roxa, onde quedará instalada unha estrutura especialmente deseñada para a práctica do parkour. En horario de mañá celebraranse obradoiros de iniciación ao parkour, e pola tarde terá lugar o denominado “Skills Challenge”, unha competición baseada en diferentes probas de habilidade, na que se terán en conta cuestións como a fluidez creativa ou a velocidade. Así, os e as participantes deberán superar diferentes retos completando movementos ou combinacións predefinidas, nalgúns caos respectando límites de tempo, número máximo de intentos ou outro tipo de condicións específicas.

O Skills Challenge é un tipo de evento moi valorado dentro da comunidade do parkour porque representa fielmente os fundamentos desta disciplina: eficiencia, control e adaptabilidade ante desafíos físicos da contorna urbana ou natural.

Compostela Skate

Un día despois do evento de Parkour, o domingo 8 de xuño celebrarase na Praza da Constitución a quinta edición do “Compostela Skate”, desde as 11 da mañá ás 21 horas da noite.

A actividade central da xornada será un campionato de skate na modalidade de “Street”. Trátase da modalidade máis recoñecible e estendida do skate, que ten lugar en contornas urbanas ou en pistas que simulan elementos cotiás da rúa como escaleiras, repisas, varandas, bordos ou bancos. No campionato disputaránse dúas categorías: Sub15, en horario de mañá, e Open, en horario de tarde.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O “Compostela Skate” fíxase como obxectivos, alén da parte competitiva da xornada, promover o deporte, a convivencia e ocio saúdable entre os mozos e mozas. Este evento regresou a Santiago o ano pasado, despois de dez anos sen terse celebrado, e utilizando as instalacións da Praza da Constitución acondicionadas expresamente para a práctica do skate.

Etiquetas

compostelaparkourskatexuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”