ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto exclusivo para a mocidade de Santiago

22/10/2024 Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto na Sala Capitol o próximo 7 de novembro, con entrada de balde pero restrinxida á mocidade. Trátase dunha iniciativa vinculada aos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, da que hoxe deu conta a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. Fíxoo acompañada por Sara Faro, unha das integrantes do dúo, un dos referentes no panorama musical actual en Galicia.

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de octubre de 2024 a las 18:28

Compartir

No proceso de Orzamentos Participativos, no que os mozos e mozas elixiron o destino de 100.000 euros do presuposto municipal, a segunda proposta máis votada foi a celebración dun concerto de música cun grupo ou artista referente da escena musical actual. María Rozas explicou que a elección de Fillas de Cassandra para darlle cumprimento a ese compromiso «responde á súa imparable traxectoria, e tamén ás súas mensaxes feministas e de promoción do galego entre a mocidade, nun momento no que tan preocupadas estamos polo futuro do noso idioma». Tamén lembrou o seu vínculo co Centro Xove da Almáciga, «onde hai só unhas semanas estiveron compartindo experiencias e aprendizaxes coas bandas residentes dos locais de ensaio nunha xornada que foi moi motivadora para todas».

Na súa intervención, Sara Faro mostrou a súa «emoción por participar nunha proposta coma esta que lle dá todo o protagonismo á mocidade», e mostrou o seu desexo de que todos e todas as asistentes ao concerto «saian da Capitol con máis ganas de participar, e con máis ganas de falar galego».

Condicións para acceder ás entradas

A concelleira de Xuventude explicou que este é un concerto peculiar, «porque é unha proposta da mocidade e para a mocidade». Polo tanto, as entradas estarán restrinxidas aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos (nacidos entre 1994 e 2008, ambos incluídos), e para os menores desde os 16 sempre que vaian acompañados da súa nai, pai ou titor. Ao igual que para participar nos Orzamentos Participativos dos que xorde esta proposta, será necesario acreditar que Santiago é o lugar de residencia, traballo ou estudos.

As entradas, de balde, poderánse retirar os días 5 e 6 de novembro no Centro Sociocultural do Ensanche, «unha zona céntrica, accesible, e preto de lugares frecuentados pola mocidade», e entregaráse unha invitación por persoa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O concerto do día 7 comezará ás 9 da noite. Antes das Fillas de Cassandra, actuarán como teloneiras Boa Sunnet, un dos grupos residentes dos locais de ensaio da Almáciga.

Etiquetas

fillas de cassandrasantiagoxuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”