Falece Horacio García, fundador de Granjas Campomayor e Fillo Predilecto de Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei chora a perda de Horacio García, fundador de Granjas Campomayor e distinguido como Fillo Predilecto do municipio. O alcalde, Pablo Taboada, destacou a súa relevancia na historia local, subliñando o seu legado como xerador de emprego e oportunidades na comarca.