Xornada de portas abertas na Casa da Troya polo Día dos Museos
O Museo Casa de la Troya reabre este xoves, 15 de maio, polo Día Internacional dos Museos -que se celebra o vindeiro domingo, día 18-, comezando así a súa temporada de primavera-verán, que se prolongará ata mediados de outubro. Con motivo desta efeméride, terá lugar unha xornada de portas abertas o propio xoves, con visitas guiadas cada media hora para grupos cun máximo de doce persoas. O horario da Casa de la Troya é o habitual, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas. O museo abrirá de xoves a sábado ata mediados de xullo, e logo xa en horario continuado (de martes a sábado) ata outubro, pechando domingos e luns.



