Entre as 51 pezas audiovisuais, presentadas por máis de 120 mozos/as participantes de Ames e doutras localidades de Galicia, repartiranse seis premios de 300€, que suman un total de 1.800 euros. Na primeira categoría (mozas e mozos de 13 a 16 anos) presentáronse 27 vídeos, e na segunda categoría (mozas e mozos a partir de 17 anos) houbo 22 vídeos admitidos.
O xurado estivo composto por María Rúa Rodríguez, creadora de contido en galego (@Pradorua); Noelia Francisco Lens, especialista en comunicación audiovisual; e Gabriel García Calvo, creador de contido en galego (@Gabiig8). Actuou como secretaria do xurado a técnica do departamento municipal de Xuventude, Pilar Villaverde.
Premios do xurado
Na primeira categoría (mozos/as de 13 a 16 anos) acordouse por unanimidade outorgarlle os premios de 300 euros a peza “San Froilán” de Laura Fompedriña, Iria López, Marta Rebolo e Jimena Morán, un vídeo en formato vlog que destaca pola súa boa estruturación, variedade de planos e calidade técnica. O xurado tamén destacou a súa parte divulgativa, onde explican dunha forma moi clara, dinámica, orixinal e divertida de onde procede o “San Froilán”.
Dentro desa mesma categoría tamén foi premiado con outros 300 euros a peza “Cociñeiras festeiras”, de Lorena Cabero Pérez, Xulia Rego Rodríguez e Antía Lourido Villasenín. Dste vídeo, o xurado destacou o seu xiro na trama ou “plot twits” realizado de forma moi divertida e orixinal. Tamén salientaron que dea a colecer o noso patrimonio , dado qeu nos ensina que é unha foliada.
Ademais destes dous vídeos premiados, o xurado acorda recoñecer como finalistas desta categoría os seguintes vídeos: “A historia de Vanesa: parte 2”, “Orixinal Viaxe”, “Se queres solucionar deixa de pegar”, “Situacións; Non me fagas a punheta”. Na segunda categoría (mozos/as de máis de 17 anos) acordouse, tamén por unanimidade, premiar con 300 euros á peza “Facendo un estoque dende cero”, de Luis Del Río Pena, polo seu contido divulgativo, dando a coñecer os xoguetes tradicionais no presente de forma orixinal, cunha comunicación clara e unha edición de vídeo moi profesional. Destaca, ademais, a claridade e a calidade lingüística da súa exposición.
Tamén foi premiado, dentro da segunda categoría, o vídeo “O retrato de Dorian Gray, Oscar Wilde” de Paula Salgado Torres pola orixinalidade do vídeo e o traballo na súa produción. Realiza unha maquillaxe profesional mentres recita en galego, cunha gran calidade lingüística, unha obra universal da literatura, intentando transmitir as sensacións do texto a través do traballo na súa pel. O importe deste premio tamén é de 300 euros.
Ademais destes 2 vídeos premiados, o xurado acorda recoñecer como finalistas desta categoría os seguintes vídeos: “Vestímonos con Rebelico!” de Eva Fernández Prieto; “La Rosamaría – Despechá” de Iago Martínez Martínez; “Chaíñas coma ti (Shakira e BZRP en galego)” de Iago Gordillo Trigo; e “Podes mudar!”, de Martín Represa Pedrosa e Alfonso Represa Pedrosa.
Premios do público