Verea sinalou que “levamos meses denunciando situación similaRes en diferentes puntos da cidade, Guadalupe, Fontiñas, Sar, A Peregrina, A Barciela, Río Sarela, Vista Alegre, Castiñeiriño, O Pexigo, Meixonfrío, Figueiras, Laraño, e o BNG segue sen dar solucións á veciñanza destas zonas que sofren o mal estado do seus barrios a diario.
Nesta ocasión, o líder popular denunciou o estado das zonas verdes e da contorna do miradoiro de Monte de Deus, “un dos máis espectaculares da cidade, completamente deixado á súa sorte, sen ningún tipo de seguridade nin servizos”.
Así mesmo, destacou os problemas estruturais que sofren estes barrios, como o mal estado do firme, a falla de canalizacións axeitadas que provocan inundacións cada vez que chove con forza, ou a escaseza de colectores de lixo. “É incrible que a asociación de veciños leve tempo reclamando máis colectores e a estas alturas o Concello non teña nin respondido”, sinalou Verea.
O líder popular acusou ao goberno de BNG e CA de “falla total de capacidade de xestión”, e afirmou que “a cidade está paralizada, con servizos básicos que non funcionan e sen ningunha atención ás necesidades reais da veciñanza”.