Ames, 13 de novembro de 2025.- O Concello de Ames vai celebrar os días 15 e 16 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte, a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Neste edición contarase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Contarase con servizo de polbería para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica). Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.
Xa está todo preparado para que a parroquia de Trasmonte acolla esta fin de semana a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. A pesar de que a previsión meteorolóxica apunta choiva, haberá carpa co cal non hai escusa para non acudir a dito evento. A feira desenvolverase ao longo de dúas xornadas, o sábado 15 de novembro, de 11.00 a 19.30 horas, e o domingo 16 de novembro, de 11.00 a 15.00 horas. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que este nos ofrece.
Nesta edición cóntase con 22 expositores confirmados que ofrecerán produtos como aceite, produtos a bases de castañas, mel, licores artesanais, produtos de fiado de la pura de ovella, embutidos, queixos, libros antigos e de segunda man, traballos creativos de téxtil natural, produtos de porco celta, produtos de artesanía, madeira torneada, lámpadas e cuncos de cera, cafés e tés, queixos de cabra, cestos feitos a partir de medula, produtos artísticos personalizados, arandos, xeles naturais e instrumentos de percusión.
Os expositores que participan este ano na Feira do Monte son Aceites Embruxo; Amarelante Sociedade Cooperativa Galega; Apicultura Val do Dubra; Asociación Galega de Apicultura; Barbudos cooperativa licoreira; Cabanas Rural Asociación de Mulleres; Casa Curtis; Carlota Fraga Libreira; e Casperlota Atelier; CienPorCel; Cova de Abella; D Rositas; José Manuel Prado; Más Cera; O mel de Inés; Origen; Queixería Gaia Gourmet; Recuncho Artesán; Taller de arte Comeluz; Teo Berries; Toxogel; e Xosé Tuñas Percusión.
Tamén haberá actuacións de música tradicional a cargo de grupos de Ames, exposicións permanentes, obradoiros e diversas degustacións nas que os visitantes poderán deleitarse cunha ampla gama de produtos gastronómicos. Ademais, haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Contarase con servizo de polbería de Juan Guerra para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica).