Outro exemplo é a taxa turística, “xa que si o 1 de xaneiro hai taxa turística en Santiago é porque o Partido Popular de Alfonso Rueda e o PP de Santiago, de Borja Verea, quere que o 1 de xaneiro exista esa posibilidade de por en marcha este novo instrumento tributario e esa vontade quedará reflectida no Parlamento de Galicia, fronte a isto, temos un BNG que tería que estar xa traballando para xestionala, pero temos unha alcaldesa enfadada todo o día coa Xunta e facendo o ridículo, buscando se falta unha coma, un punto ou unha tilde no proxecto de Lei para seguir embarrando”.
“As vivendas colaborativas, 100% públicas de Xoán XXIII son outro bo exemplo, xa que alí, onde anteriores dirixentes do PP de Santiago non querían vivenda pública, eu si a quería, e hoxe é un proxecto xa en marcha, o primeiro en Galicia destas dimensións, por non falar do aparcadoiro do hospital Clínico, onde todos lembramos como foi cando presentei a proposta, todo eran risas, ocorrencias de Borja Verea e do Partido Popular, hoxe a mesma que criticaba esta proposta, asinou que é a mellor para a cidade e que se debe poñer en marcha” indicou.
Borja Verea remarcou que, “outra vez, onde os demais non conseguiron nada en anos, nós o conseguimos, queremos ser útiles e construtivos e estamos facéndoo, traballamos para que os cidadáns nos vexan como un goberno de progreso con enerxía e de futuro, fronte a un BNG, acomplexado, pequeno e ineficaz, conseguimos máis nós desde a oposición que eles dende o goberno”.
Ademais, asegurou que, por primeira vez, “puidemos ver claramente como o BNG se quitaba definitivamente a careta, protagonizando un feito, no pasado Pleno, que só se pode calificar de lamentable, demostrando que o pacto de perdedores de 6+6+2 o único que quería é que eu, gañando as eleccións con 11 concelleiros, non gobernase e non fose alcalde”.
Verea sinalou que quedou evidenciado “que non hai nada máis, nin teñen un plan, nin un programa e, este venres, o único que fixeron foi deixar á vista de todos que só lles interesan as súas liortas internas e non o interese xeral”.