Verea: “En 2027 retiraremos a estatua de Moncho Reboiras porque divide en lugar de unir”
O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, reiterou hoxe o seu compromiso de retirar a estatua de Moncho Reboiras da rúa Carreira do Conde ao considerar que a súa instalación “non conta co respaldo democrático necesario nin responde ao sentir maioritario dos santiagueses”.



