Uns vinte minutos antes das 19:00 horas, un particular contactou co 112 Galicia para avisar dunha muller que se atopaba boca abaixo na auga, na praia de Aguieira. O alertador indicou que a sacaran ata o areal e estaban tratando de reanimala.
Sen agardar, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, á Garda Civil e á Policía Local.
Os servizos de emerxencias desprazáronse ata o punto, pero nada puideron facer por evitar o seu falecemento.
Recibe las noticias en tu correo.