Unha menor atropelada diante da Intermodal de Santiago
Unha moza menor de idade resultou ferida de gravidade na mañá deste martes nun atropelo ocorrido na rúa do Hórreo, xusto diante da Estación Intermodal de Santiago. O suceso tivo lugar arredor das 8.20 horas, segundo sinalaron fontes do 112 Galicia.
Líder Redacción
9 de diciembre de 2025 a las 10:51
Ata o punto desprazáronse axentes da Policía Local e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon á menor no propio lugar antes de iniciar o seu traslado para valoración médica.
Segundo comentaron varias testemuñas presentes na zona, a rapaza podería ter sido alcanzada por un vehículo cando se dispoñía a cruzar en vermello, aínda que este extremo non foi confirmado oficialmente.
A circulación na contorna sufriu retencións puntuais durante uns minutos.



