Unha faixa xigante di “Vertedoiro Niveiro NON” en Val do Dubra nunha nova manifestación
Unha vez máis os veciños da Comarca de Santiago saen á rúa en Val do Dubra para dicir NON ao vertedoiro, nunha manifestación convocada pola Asociación Medioambiental de Niveiro.
Líder Redacción
30 de noviembre de 2024 a las 22:19
Coa escusa do proxecto de restauración da antiga canteira de Pedra Facha, unha empresa privada pretende construir en Niveiro un vertedoiro de residuos a ceo aberto e, tanto os veciños e veciñas de Val do Dubra coma dos concellos lindeiros están en contra.
Segundo os veciños e os membros da asociación este proxecto é un “sen sentido que afectará gravemente tanto o medioambiente como a saúde das persoas”.
Esta protesta é unha nova reivindicación dentro das moitas actividades que esta Asociación está levando a cabo.
Na xornada de hoxe fíxose tamén un acto especial onde os veciños asistiron á colocación dunha faixa xigante no centro da vila, onde se pode ler “Vertedoiro Niveiro Non” que os mesmos quixeron colgar como símbolo de rexeitamento ao proxecto e bandeira da súa loita.
A Asociación Medioambiental de Niveiro e a Plataforma Niveiro Veciños veñen de manifestar que non pararán as protestas ata ter certeza de que este proxecto está paralizado.