Un home ferido tras ser atropelado nun paso de peóns en Santiago
Un home duns 70 anos resultou ferido esta tarde logo de ser atropelado por un vehículo mentres cruzaba un paso de peóns na rúa de San Lázaro, en Santiago de Compostela. O suceso tivo lugar pouco antes das oito da tarde, á altura da Bodeguilla do barrio e do Museo Pedagóxico de Galicia.



