Un condutor ferido tras saír da vía e envorcar o coche en Arzúa
Un home resultou ferido nun accidente de tráfico ocorrido este xoves na estrada N-547 o seu paso por Arzúa. O vehículo abandonou a calzada por causas que se investigan e acabou envorcado nunha leira próxima, onde quedou apoiado practicamente en posición vertical.



