Un coche incendiouse na AC-523 ao seu paso por Ordes
Líder Redacción
19 de noviembre de 2024 a las 13:20
Bombeiros de Ordes
Onte á tarde, un turismo incendiouse na estrada AC-523, á altura do quilómetro 11,5, no municipio de Ordes. Os Bombeiros de Ordes acudiron rapidamente ao lugar dos feitos para controlar a situación. Procederon á extracción da batería do vehículo e á extinción completa do lume.
O coche foi colocado na beira da estrada para garantir a seguridade do tráfico. Afortunadamente, non se rexistraron danos persoais no incidente.



