Un bronce nacional para Valga
O valgués Yeray Blanco López destacou esta fin de semana no IX Campionato de España de Pesca na modalidade de Embarcación Fondeada, celebrado en Palma de Mallorca. O mozo, natural do Montiño (Devesa) e de só 20 anos de idade, competiu na categoría xuvenil representando a Galicia, convocado pola Federación Galega de Pesca e Casting.
Líder Redacción



