Fochancas e beirarrúas en mal estado: UCIN pide solucións estruturais en Santiago
Santiago de Compostela presenta un estado “moi deficiente” en moitas das súas rúas, estradas e beirarrúas, unha situación que, segundo denuncia UCIN Santiago, é consecuencia directa de “anos de falta de planificación e control” por parte do goberno municipal.



