ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

«Solucionar o problema habitacional pasa por recoñecer que este é un dos principais problemas do país»

 

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de septiembre de 2025 a las 16:56

De esquerda a dereita, Manel Pardo,Escarlata Pampín, José Antonio Abelenda e Carlos Alberto García

Compartir

Acadar unha vivenda accesible en condicións adecuadas para todas as persoas é un dos principais obxectivos para o BNG de Ames. Ese interese levou aos nacionalistas a organizar este sábado 27 unha xornada sobre vivenda no Milladoiro na que expertos e asistentes debateron sobre a situación actual e o modelo de futuro.

Ames, 29 de setembro de 2025. A xornada contou coa participación de María José Piñeira Mantiñán, docente e investigadora do IDEGA; Carlos Alberto García Novio, avogado especialista en Urbanismo; Iago Lestegás Tizón concelleiro de urbanismo, vivenda e cidade histórica de Santiago de Compostela; José Antonio Abelenda Vila, secretario da Plataforma Sol Naciente e  Escarlata Pampín López, voceira municipal do BNG de Ames. Celebrada na Casa da Cultura do Milladoiro, e moderada por Manel Pardo, na xuntanza tratáronse diversos aspectos relacionados con esta grave problemática, como a vivenda baleira, a falta de parque público de vivendas, o uso de vivendas turísticas e as dificultades que ten a xente moza e a xente traballadora para acceder a un fogar digno.

Explicouse que xa pasaron 18 anos dende a burbulla inmobiliaria e a problemática da vivenda non se arranxou, só mudou, agora a presión e a especulación trasladouse do mercado de compra-venta ao mercado de alugueiro.

Púxose tamén de manifesto que os barrios e lugares como o Milladoiro foron os espazos máis abandonados polas administración e que se debería tratar de evitar precisamente as estigmatizacións. facendo alí actividades, eventos,para que se  perda esa visión.

Hai que intervir sobre o espazo público, porque o construído é o que é, pero no viario público, nas rúas nas prazas, si que é posible facer intervencións: reducir carrís, ampliar as beirarrúas, dar máis prioridade ao peón,introducir máis verde. Unha rúa pode cambiar moito cos mesmos edificios, se lle das outro deseño, pos outro mobiliario, outros pavimentos e sobre todo con vexetación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Dende o BNG de Ames consideran que solucionar o problema habitacional pasa por recoñecer que este é un dos principais problemas do país. “Seguiremos traballando firmemente, en Ames e en todo o país, sendo conscientes de que hoxe vivimos unha das peores crises de acceso á vivenda, convertida ademais no maior mecanismo de desigualdade social porque aumenta a brecha entre as persoas que menos teñen e as que dispoñen de máis patrimonio. Queremos un fogar digno para tódolos galegos e galegas”, conclúe  a voceira do BNG de Ames Escarlata Pampín.

Etiquetas

amesbng amespoliticavivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.