Socialistas e bipartito logran un acordo ‘in extremis’ para desbloquear un modificativo de crédito
O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago reafirma o seu compromiso cunha oposición útil e construtiva tras alcanzar un acordo co goberno local para desbloquear un modificativo de crédito que asegura a execución de catro proxectos clave financiados con fondos europeos.



