Socialistas cualifican de «involución e perda de calidade» a nova licitación dos centros socioculturais de Santiago
Marta Abal alertou de que a nova licitación dos centros socioculturais supón un retroceso na inclusión laboral, falta de concreción nas horas de animación e monitorado, e un risco de perda de calidade nas actividades TIC, a pesar do incremento do 32 % no orzamento.



